Terapia hormonal

A terapia hormonal está indicada unicamente para aqueles tipos de cancro con receptores hormonais positivos que poden estimular o crecemento do tumor. O tratamento consiste en reducir os niveis de hormonas no seu corpo ou bloquear os seus efectos. Xeralmente indícase a terapia hormonal despois da cirurxía e a quimioterapia, aínda que ás veces pode ser usada antes da cirurxía para reducir o tumor ou como único tratamento en mulleres de idade avanzada nas que non é recomendable a cirurxía. Na maioría dos casos tómase durante un máximo de 5 anos.

• Tamoxifeno.- Detén o estróxeno nas células de cancro de receptores estróxeno positivos. O tamoxifeno tómase todos os días e a presentación pode ser líquido ou en pastillas.
As investigacións indican que tomar tamoxifeno mellora en gran medida as taxas de supervivencia das mulleres con cancro de mama con receptores de estrógenos
positivos.

Efectos secundarios:

  • Sensación de malestar.- Afecta a 1 de cada 5 mulleres ao principio do tratamento desaparecendo pasadas unhas semanas.
  • Cansazo.- Afecta a 1 de cada 4 mulleres
  • Dor de articulacións.- Afecta a 1 de cada 4 mulleres
  • Sofocos e sudoracións.- Afecta case á metade das mulleres
  • Regras irregulares.- Se non ten a menopausa, as regras poden ser irregulares e mesmo desaparecen nalgunhas mulleres. Pode ter de novo a menstruación aos 6-12 meses de finalizar o tratamento dependendo da súa idade. Se está preto da idade da menopausa é frecuente que non volva.
  • Sequidade vaxinal.- Afecta a 1 de cada 10 mulleres. Pode utilizar lubricantes vaxinais libres de estróxenos.
  • Retención de líquidos.- Afecta a 1 de cada 10 mulleres.
  • Aumento de peso.- Afecta a 1 de cada 10 mulleres.
  • Dor de cabeza
  • Adelgazamento leve do cabelo
  • Baixo estado de ánimo.- Ao redor de 1 de cada 100 mulleres ten algún cambio no seu estado de ánimo. Informe á enfermeira ou médico se sente desanimada ou deprimida. Os efectos secundarios poden ser leves ou máis graves e poden mellorar ou empeorar ao longo do tratamento. Consulte co equipo se empeoran.

Inhibidores da aromatasa.- Pode utilizarse o anastrozol ou letrozol para tratar mulleres con cancro de mama precoz que tiveron a menopausa.

  • Anastrozol.- Funciona tan ben como o tamoxifeno para previr que o cancro de mama regrese pero ten efectos secundarios diferentes:

    • Enfraquecemento dos ósos (osteoporose) e dor de articulacións que afecta a 3 de cada 100 mulleres.
    • Cansazo.- Afecta a 2 de cada 10 mulleres
    • Cambios de humor.-Afecta a 2 de cada 10 mulleres
    • Sofocos e sudoracións.- Afecta a 1 de cada 10 mulleres
    • Diminución de interese polo sexo.- Afecta a 1 de cada 10 mulleres
    • Erupcións leves na pel.- Afecta a 1 de cada 10 mulleres
    • Sensación de malestar leve.- Afecta a 1 de cada 10 mulleres
    • Dor de cabeza
    • Estrinximento
    • Formigo nas mans
    • Adelgazamento leve do cabelo
    • Perda de apetito
  • Letrozol.- Os efectos secundarios máis frecuentes son:

    • Sofocos e sudoración.- Afecta a 3 de cada 10 mulleres
    • Dor en articulacións.-Afecta a 1 de cada 5 mulleres
    • Cansazo.-Afecta a 1 de cada 5 mulleres
    • Outros efectos secundarios menos frecuentes son:
    • Erupcións leves na pel.- Afecta a 1 de cada 10 mulleres
    • Dor de cabeza.-Afecta a 1 de cada 10 mulleres
    • Malestar e mareos.- Afecta a 1 de cada 10 mulleres
    • Retención de líquidos.-Afecta a 1 de cada 10 mulleres
    • Adelgazamento leve do cabelo
    • Sequidade vaxinal
    • Baixo desexo sexual
    • Tristeza ou depresión
    • Elevado nivel de colesterol polo que se realizarán análises periódicas para comprobar niveis en sangue.
    • Perda de densidade ósea
  • Exemestano.- É un inhibidor da aromatasa adecuado para mulleres que tiveron a menopausa. Tómase un comprimido unha vez ao día despois das comidas. Os efectos secundarios máis frecuentes son:

    • Sofocos e sudoración.- Afecta a 1 de cada 5 pacientes
    • Dor de articulacións e músculos.-Afecta a menos de 1 de cada 5 pacientes
    • Cansazo.- Afecta a 1 de cada 6 pacientes
    • Sensación de malestar.- Adoitan ser molestias leves que afectan a 1 de cada 10 pacientes
    • Dificultade para conciliar o soño.- Afecta a 1 de cada 10
    • Adelgazamento do cabelo.- Afecta a 1 de cada 10
    • Efectos secundarios ocasionais. Afecta entre 1 e 10 mulleres de cada 100
    • Perda de apetito
    • Diminución do desexo sexual
    • Erupcións na pel
    • Dores de cabeza
    • Sensación de mareo
    • Depresión
    • Perda de forza nos ósos
    • Diarrea ou estrinximento
    • Sangrado vaxinal nas primeiras semanas
    • Hinchazón de mans e pés por acumulación de líquido

Os efectos secundarios poden variar ao longo do tratamento. Fale coa súa oncóloga se empeoran para que lle axude a tratalos. Non suspenda o tratamento sen falar coa oncóloga primeiro. Comunique á oncóloga os medicamentos que está a tomar, incluíndo vitaminas ou produtos de herboristería porque poden provocar reaccións non desexadas en combinación co tratamento.