Unidade de mama

Lesións na boca. Recomendacións e receitas

Lesións na boca. Recomendacións e receitas

Alteracións na mucosa oral

A quimioterapia pode producir lesións importantes nas mucosas da boca e do aparello dixestivo. O sistema inmune que defende ao organismo pode verse debilitado polos tratamentos; isto repercute de maneira significativa á hora de producirse a renovación celular, orixinando infeccións ou feridas que poden comprometer seriamente a alimentación e o confort do enfermo. Non todas as terapias producen o mesmo dano na boca; algúns fármacos dependen do volume da dose, outros da vía de administración e outros dos principios activos. Teña especial coidado se lle están administrando algún destes medicamentos, 5-Fluoruracilo, Doxorrubicina, Metrotexato, e Vinblastina, xa que producen con maior frecuencia mucositis.

Antes de iniciar o tratamento de quimioterapia é conveniente que acuda ao dentista para que faga unha valoración e poida realizar os tratamentos oportunos.

Coidados de prevención durante o tratamento

Se utiliza prótese dental, extreme o coidado da súa boca. Se a prótese é removible, lávea e déixea polas noites nun vaso con auga e unhas gotiñas de lixivia; aclárea ben antes de volvela a introducir na boca. Se perdeu peso poida que a prótese dental quede frouxa, unha prótese defectuosa, pode ocasionarlle lesións na boca que lle producirán dor e dificultade para alimentarse correctamente; se este é o seu caso acuda ao dentista para que a adapte á súa medida.

As lesións da boca máis frecuentes en enfermos a tratamento con quimioterapia son a mucosite, a estomatite e a xerostomía.

A mucosite: Consiste nunha inflamación das mucosas da boca acompañada de chagas ou úlceras dolorosas, que en ocasións poden sangrar e sobreinfectarse. A inflamación pode comezar na boca pero pode afectar a todo o sistema dixestivo desde a boca até o ano.

A mucosite pode aparecer aos 7 ou 10 días despois de iniciar a quimioterapia e xeralmente, se non existe infección, mellora ao cabo de 2-4 semanas, cando o número de glóbulos brancos se normalizou.

Recomendacións para a paciente con mucosite:

Importante: Se está con medicación antimicótica (fungos), non use bicarbonato, nin clorhexidina porque interaccionan cos antifúnxicos por vía tópica. Se ten prótese dental, retírea para que medicamento chegue ben aos tecidos da súa boca.

A estomatite: consiste nunha inflamación de calquera das estruturas de sostén do dente (pulpa dentaría, encías) e das mucosas orais. Se este é o seu caso ademais de seguir os consellos que demos para a mucosite, consulte ao seu médico para que lle recomende o tratamento a seguir.

Xerostomia: ademais de feridas na boca, algúns enfermos sometidos a quimioterapia e/ou radioterapia quéixanse de que teñen a boca seca. A diminución da secreción salival ou xerostomia dificulta a formación do bolo alimenticio, a masticación e a deglución podendo causar na persoa que o sofre problemas importantes na fala, no soño e un trastorno alimentario grave.

Recomendacións para a paciente con xerostomia:

 

Receitas de cociña aconselladas para pacientes con alteracións na mucosa oral

Se ten algunha lesión na boca á parte de tratar de diminuír as molestias e a dor que lle ocasionen as feridas, cos consellos citados anteriormente, é moi importante que o seu estado nutricional sexa óptimo; é prioritario que a súa alimentación non se resinta e vostede adapte a súa dieta ás necesidades individuais de cada momento. As medidas hixiénicas poden verse reforzadas cunha dieta adecuada e con anestésicos orais ou tratamentos locais para evitar a infección por fungos. Se vostede ve que non mellora consulte á enfermeira no Hospital de Día.

A continuación dámoslle algunhas receitas moitas delas frías e fáciles de masticar que poden aliviarlle as doenzas da boca e proporcionarlle unha alimentación correcta.

Pescada fervida

Ingredientes:

Preparación:

  1. Poña a ferver a auga coa cebola cortada en anacos, un pouco de aceite cru, unha folla de loureiro e un pouco de sal.
  2. Cando rompa a ferver engada as patacas en rodelas e os guisantes e coza durante 7 minutos.
  3. Engada a pescada e deixe que ferva 5 minutos. O tempo varia segundo o grosor do peixe. Non deixe que se desfaga.

Ao servir escurrir ben a auga e engadirlle un chorro de aceite virxe extra.

Vichysoisse

Ingredientes:

Preparación:

  1. Corte en rodelas finas os allos porros (só a parte branca) e as patacas.
  2. Refogue os allos porros coa manteiga, pasados uns minutos, engada as patacas e refogue todo xunto outro par de minutos.
  3. Engada a pastilla de caldo de carne e auga até cubrir os alimentos.
  4. Coza todo a lume lento durante uns 40 minutos. Se é necesario engada un pouco de sal.
  5. Déixeo arrefriar e pase todo pola batidora, engada a nata.
  6. Introdúzao na neveira ata que o vaia a consumir.

Aguacates con gambas

Ingredientes:

Salsa: Pode ser salsa maionesa ou unha salsa de iogur elaborada cun iogur natural, 2 culleradas de zume de laranxa, 2 culleradas de zume de limón, sal e pementa negra (opcional).

Elaboración:

  1. Coza as gambas e pique moi fino. Reserve 4 gambas enteiras (unha para cada metade de aguacate, para adornar)
  2. Pele a mazá, raie e mesture co limón. Corte os aguacates pola metade e quite a pulpa. Esta pulpa esmágase cun tenedor e mestúrase co picado de gambas e mazá.
  3. Lígase todo coa salsa, que pode ser maionesa ou salsa de iogur e sálgase.
  4. Énchense as metades dos aguacates con esta mestura e adórnanse coas gambas enteiras. Sérvese moi frío.

Nota: Se hai feridas na boca non utilice limón e cambie a mazá acida por mazá doce. Con todo se o problema é de pouca salivación, o consumo destas froitas pode beneficiarlle.

Pementos do piquillo recheos

Ingredientes:

Elaboración:

  1. Ponse os pementos a escurrir.
  2. Cócense os ovos e as gambas por separado. Pícase todo moi fino, sálgase e mestúrase con maionesa.
  3. Con esta mestura énchense os pementos. Pódeos adornar con ovo fiado. Sérvense fríos.

Sopa fría de guisantes

Ingredientes:

Elaboración:

  1. Lave a leituga, deixe escurrir e logo córtea en xuliana.
  2. Coza os guisantes cun pouco de aceite e sal e deixe escurrir.
  3. Pique a cebola e o allo moi finos e refogue nunha tixola.
  4. Engada esta picadura aos guisantes xunto coa nata e deixe que coza un cachiño.
  5. Pase pola batidora e a continuación por un colador chinés para que quede unha crema homoxénea.
  6. Sirva a crema fría, adornada con pementa negra moída e un chorriño de aceite.

Ensalada de pasta

Ingredientes:

Pódense engadir outros ingredientes que sexan de noso agrado: cenoria raiada, brotes de soia, remolacha, etc.

Elaboración:

  1. Cócese a pasta cun pouco de sal e aceite e déixase arrefriar.
  2. Cócense os ovos, déixanse arrefriar e córtanse en “gajos” finos
  3. Lávase a leituga, se escurre e pícase en xuliana
  4. Lávanse os tomates e pícanse en forma de dados.
  5. Ábrense as latas e se escurren.
  6. Córtanse os espárragos e o queixo fresco.
  7. Mestúrase todo nun recipiente, aderézase co sal, o vinagre (ou limón) e o aceite. Sérvese moi fría.

Nota: En caso de feridas na boca pódese substituír o vinagre e o limón por maionesa. Se o problema é soamente de ausencia de saliva aderezar con limón.

Zume enerxético

Ingredientes

Preparación:

Lave e pele a remolacha e as cenorias, e córteas xunto coa mazá. Páseas pola licuadora e verta o liquido obtido nun vaso coas pedras de xeo. Sirva cun “gajo” de mazá.

Exit mobile version