O día da cirurxía paso a paso
O día antes da cirurxía
Debe de estar en xaxún (nin sequera debe de inxerir auga) desde 6 horas antes da intervención cirúrxica. Non tome aspirina nas 24 horas antes da intervención
O día da cirurxía
É necesario eliminar a lanuxe das axilas con crema depilatoria (comprobar antes que non provoca reacción alérxica na pel) e a continuación darse unha ducha sen utilizar desodorizante nin perfume. Irá ao quirófano coas uñas sen pintar e sen maquillaxe (necesario para valorar a coloración da pel).
Facilitaranos o traballo se trae as uñas despintadas de casa, a maquillaxe poderá retiralo no hospital. Se utiliza prótese dentaria, audífonos ou lentes de contacto deberá retiralos antes de entrar en quirófano.
Recomendámoslle traer un sujetador sen aros (necesitará utilizalo cando lle retiremos a primeira vendaxe),unha bata, zapatillas e chanclas para a ducha. Tamén lle recomendamos non traer xoias ou obxectos de valor.
Ao chegar ao hospital é necesario que se dirixa ao Servizo de Admisión situado na planta baixa (á beira da cafetaría) para dar os seus datos persoais e rexistrar informáticamente o seu ingreso hospitalario. Finalizado este trámite un celador acompañaraa á sala de espera da Unidade Cirúrxica (2ª planta).
Acollida na Unidade Cirúrxica
A auxiliar de enfermaría será a persoa que a acompañará desde a sala de espera até a habitación asignada durante a súa estancia no hospital. Ela indicaralle cal é a súa cama, gardarroupa, onde se atopa o timbre para chamar ao persoal sanitario e o funcionamento do teléfono e a televisión de pago. Tamén lle facilitará todo o que necesite para ir a quirófano (bata verde, gorro, calzas) e nalgúns casos medias de compresión graduada para previr a trombose venosa profunda despois da intervención.
A enfermeira comprobará a súa correcta preparación, proporcionará información e apoio, e realizaralle preguntas que nos axuden a identificar as súas necesidades, xa que o noso obxectivo será proporcionarlle coidados personalizados en base ás necesidades detectadas ao ingreso e durante a súa estancia hospitalaria. Canalizaralle unha vía periférica (na man ou brazo oposto ao lado a intervir) e administrará sueroterapia.
Traslado ao Quirófano
Antes da intervención, unha das dúas enfermeiras que a acompañarán dentro do quirófano, visitaraa na habitación, presentarase e comentará os coidados que realizarán cando entre no quirófano. Por seguridade, preguntaranlle de novo como se chama, de que lado vana a operar, e se é alérxica (realizaránselle varias veces estas preguntas).
Dentro do quirófano ademais das enfermeiras estarán o anestesista e os cirurxiáns. Terá que cambiarse da súa cama á padiola do quirófano axudada polas enfermeiras e o celador. É posible que nese momento teña frío, pero para evitalo colocaráselle unha manta de calor, a cal se lle manterá durante toda a intervención.
Unha vez na padiola, colocaranlle os brazos nuns reposabrazos e suxeitaranos cunhas cintas para que non se lle movan cando estea durmida. Tamén se lle porán uns eléctrodos (adhesivos no peito) para controlar a frecuencia respiratoria, un manguito no brazo para controlar a tensión arterial e un pulsioxímetro (dedal de plástico) nun dos seus dedos para controlar a concentración de osíxeno durante toda a intervención.
Cando se atope perfectamente acomodada e controlada o anestesista poralle os fármacos necesarios para durmila.
Finalizada a intervención cirúrxica pasaráselle de novo á súa cama, acompañarana a reanimación e o cirurxián proporcionará información aos seus familiares. Ao espertar terá un vendaje e as drenaxes necesarias para a súa recuperación.
Acollida na Unidade de Reanimación
Á súa chegada a reanimación procedente de quirófano a enfermeira acolleraa e proporcionará o necesario para que pase un postoperatorio confortable. Permanecerá monitorizada (control de tensión arterial, frecuencia cardíaca, frecuencia respiratoria, etc…) para unha maior vixilancia ata que estea totalmente esperta e recuperada da anestesia. Nese momento será o anestesista quen, despois de valorala, ordene o seu traslado á habitación se está indicado. A súa familia será avisada no momento do seu traslado á habitación.
Traslado á Unidade Cirúrxica
Ao chegar de novo á súa habitación, a enfermeira e a auxiliar da Unidade acomodarana e proporcionarán os coidados necesarios segundo as súas necesidades. Durante a súa estancia facilitarémoslle a vostede e a súa familia, o apoio e a información necesaria para que poidan participar nos coidados.
Despois da intervención portará uns dispositivos chamados drenaxes que facilitarán a saída do líquido que poida acumularse na zona intervida. A enfermeira ensinaralle a vostede e a un familiar os coidados da drenaxe no domicilio ao alta.
Alta hospitalaria
O alta será indicada polo seu cirurxián quen lle entregará o informe de alta médica con citas das posteriores visitas postoperatorias.
A enfermeira faralle entrega do informe de enfermaría con recomendacións postoperatorias segundo a intervención cirúrxica realizada co obxectivo de continuar os coidados no seu domicilio.
Ao chegar ao hospital é necesario que se dirixa ao corredor habilitado na segunda planta.
Será chamada pola auxiliar de enfermaría quen a acompañará ao vestiario da Unidade de Cirurxía sen Ingreso (UCSI). No vestiario facilitaralle todo o que necesite para ir preparada a quirófano (bata verde, gorro e calzas).
Unha vez cambiada permanecerá coa súa familia na sala de espera até o seu traslado a reanimación onde continuará a súa preparación para a cirurxía.
Preparación en Reanimación
A enfermeira de reanimación continuará coa súa preparación, proporcionará información e apoio, e proporcionaralle coidados personalizados en base ás necesidades detectadas. Canalizaralle unha vía periférica (na man ou brazo oposto ao lado a intervir) e administrará sueroterapia. Permanecerá monitorizada (control de tensión arterial, frecuencia cardíaca, frecuencia respiratoria) até o seu traslado ao quirófano.
Traslado ao Quirófano
Antes da intervención, unha das dúas enfermeiras que a acompañarán dentro do quirófano, visitaraa en reanimación, presentarase e comentará os coidados que realizarán cando entre no quirófano. Por seguridade, preguntaranlle de novo como se chama, de que lado vana a operar, e se é alérxica (realizaránselle varias veces estas preguntas).
Dentro do quirófano ademais das enfermeiras estarán o anestesista e os cirurxiáns. Terá que cambiarse da súa cama á padiola do quirófano axudada polas enfermeiras e o celador. É posible que nese momento teña frío, pero para evitalo colocaráselle unha manta de calor, a cal se lle manterá durante toda a intervención.
Unha vez na padiola, colocaranlle os brazos nuns reposabrazos e suxeitaranos cunhas cintas para que non se lle movan cando estea durmida. Tamén se lle porán uns eléctrodos (adhesivos no peito) para controlar a frecuencia respiratoria, un manguito no brazo para controlar a tensión arterial e un pulsioxímetro nun dos seus dedos (un dedal de plástico) para controlar a concentración de osíxeno durante toda a intervención.
Cando se atope perfectamente acomodada e controlada o anestesista poralle os fármacos necesarios para durmila. Finalizada a intervención cirúrxica pasaráselle de novo á súa cama, acompañarana ao hospital de día e o cirurxián proporcionará información aos seus familiares.
Ao espertar terá unha vendaxe e as drenaxes necesarias para a súa recuperación.
Acollida no Hospital de Día
Á súa chegada ao hospital de día procedente de quirófano a enfermeira acolleraa e proporcionará o necesario para que pase un postoperatorio confortable. Permanecerá monitorizada (control de tensión arterial, frecuencia cardíaca, frecuencia respiratoria, etc…) para unha maior vixilancia ata que estea totalmente esperta e recuperada da anestesia.
Unha vez recuperada da anestesia, axudaráselle a levantarse da cama para sentar nunha cadeira de brazos acompañada dun familiar. Cando tolere a dieta, poida camiñar sen marearse, non teña dor coa analgesia pauta, etc a enfermeira entregaralle o alta e recomendacións postoperatorias co obxectivo de continuar os coidados no seu domicilio.