O cirurxián falará con vostede sobre o tipo de cirurxía máis adecuado despois da valoración das súas características individuais.

O tipo de cirurxía dependerá de:

  • A relación do tamaño entre a mama e o tumor
  • Diseminación da enfermidade
  • As súas preferencias

Despois de seleccionar co seu cirurxián o tipo de cirurxía a realizar, este pediralle que asine o consentimento para a súa realización.

No momento do alta, despois da intervención cirúrxica, o cirurxián entregaralle o informe de alta médica no que constará información da cirurxía realizada, tratamento domiciliario, así como data e hora da próxima revisión na consulta da Unidade de mama. Nesta revisión, o cirurxián informaralle dos resultados definitivos de anatomía patolóxica e informará do plan de tratamento a seguir.

No informe definitivo de anatomía patolóxica, figura o resultado do exame do bordo ao redor do tumor para comprobar que non ten células cancerosas. É importante que o resultado do informe indique que a marxe está libre de enfermidade, xa que o risco de que o cancro regrese será menor. Se a marxe ao redor do tumor non está libre de enfermidade pode ser necesario realizar de novo cirurxía.