Información

Esta páxina web foi realizada polo equipo da Unidade de Mama da área de  Xestión Integrada A Coruña. Colaboraron co equipo Olga  Coroas e Mª Pilar Astray, enfermeiras do Hospital de Día de Oncoloxía do Hospital Teresa Herrera; José  Quintía, fisioterapeuta do Servizo de Rehabilitación do Hospital de Oza e as enfermeiras e técnicos do Servizo de Radioterapia Camilo Veiras do Centro Oncolóxico de Galicia.

Foi financiada polo proxecto de investigación “Educación multimedia integrada nun programa de educación para a saúde en cancro de mama” (PI 10/027616). Fondo de Investigación Sanitaria (ISCIII)

O noso obxectivo é que dispoña de información sobre a súa enfermidade, complementar a información entregada e reforzar a educación impartida no hospital, ademais de mostrarlle outros aspectos que poidan ser do seu interese.

Traballamos en colaboración con vostede, se necesita máis información pode utilizar o noso teléfono de contacto.