A alimentación durante o tratamento da quimioterapia
Por que é importante alimentarse correctamente durante o tratamento de quimioterapia?
Algunhas enfermidades que sufrimos neste século teñen moito ver co tipo de alimentación que consumimos e a forma en que a cociñamos e/ou conservamos.
Unha alimentación correcta, un estilo de vida saudable e realizar exercicio físico de forma regular é a base para gozar dunha boa saúde.
Se vostede vai recibir tratamento con quimioterapia é moi importante que se alimente de forma adecuada. Unha dieta equilibrada, chamada tamén dieta mediterránea, por basearse en alimentos típicos dos países bañados polo Mediterráneo, como as froitas e verduras, legumes e cereais, aceite de oliva virxe etc. que conteña todos os nutrientes que necesita o corpo, asegura o achegue de enerxía e mantén as reservas de proteínas necesarias para refacer os tecidos sans que son afectados os tratamentos.