Diarrea. Recomendacións e receitas

Denomínase diarrea a un aumento na frecuencia das deposicións (máis de tres ao día) acompañada dunha diminución da consistencia destas (deposicións líquidas). Ás veces a diarrea pode conter sangue, moco e alimentos non dixeridos. A diarrea non é unha enfermidade, senón o síntoma doutro trastorno.

A quimioterapia pode afectar as células que revisten o sistema dixestivo causando no intestino problemas de mala absorción dos alimentos, vitaminas, minerais e auga, dando lugar episodios de diarrea cuxa gravidade vai depender da dose e do tipo de quimioterapia administrada. Se a diarrea se prolonga durante moitos días pode afectar seriamente ao seu peso e á súa alimentación, dificultando a formación dos tecidos danados.

Recomendacións para o tratamento da diarrea

Se a diarrea é moi intensa en número e consistencia ten que levar a cabo unha dieta líquida moi rigorosa, para que o seu intestino repouse, non tome ningún alimento sólido nun prazo de 6-24 horas, necesita repor a auga que está a perder nas feces. Centre a súa dieta en bebidas con sales minerais e glicosa, auga de cenoria, auga de arroz, infusións de manzanilla, tila, menta poleo, té suave, auga mineral.

Se os síntomas da diarrea van cedendo, vostede vai menos veces ao baño (4 veces ao día) e as feces non son tan líquidas, pode engadir de forma progresiva á dieta líquida anterior, plátano maduro, mazá oxidada sen pel, marmelo, arroz fervido.

Cando as feces tomen consistencia pode introducir outros alimentos como:

  • Puré de pataca, compota de mazá (sen azucre), mazá raiada con zume de limón.
  • Arroz branco, pito cocido, peixe branco cocido (pescada, pixota), marmelo, tortilla francesa, ovos cocidos, cenoria cocida, xamón cocido, de pavo.
  • Se tolera ben estes alimentos aos dous ou tres días pode introducir produtos lácteos, queixo fresco, iogur. Substitúa o leite de vaca por leite de améndoas ou de arroz ata que o seu intestino se restableza por completo.
  • Consuma de forma moderada azucre e sal.
  • Cociñe os alimentos ao vapor, cocidos, á prancha ou en papillote.
  • Evite condimentos irritantes como pemento, cúrcuma, noz moscada pementa etc.
  • Cociñe ou aderece os alimentos con aceite virxe de oliva.
  • Evite alimentos que produzan flatulencia, coles, cebola crúa, leituga.
  • Evite o consumo de alcol, café e chocolate.
  • Consuma alimentos ricos en potasio, plátano, cenoria.
  • Mentres non se repuxo evite o consumo de froitas excepto plátano, mazá e limón.
  • Beba de 2 a 3 litros de líquidos, auga, infusións, bebidas isotónicas, zumes de limón, cenoria/ou mazá mesturados con auga.

Cando a diarrea este controlada introduza de novo lentamente os alimentos aconsellados nunha dieta equilibrada. Se a diarrea persiste, ten febre, ou malestar intenso, consulte ao seu médico; á parte dos consellos dietéticos poida que necesite medicación oral ou intravenosa para cortar os síntomas.

Menús recomendados en caso de diarrea.

Nalgún libro que consultei e nalgún foro de Internet aconsellan o consumo en xaxún dunha cucharada de mel puro (non en diarreas moi intensas). Hai que esperar como mínimo unha hora para tomar o almorzo. Afirman que en gastroenterite bacterianas o consumo moderado do mel acurta a duración da diarrea e iso pode ser debido ao seu efecto antibacteriano. Desde logo, sexa ou non efectivo este remedio, ninguén pon en dúbida que o mel é un alimento con moitas propiedades moi beneficiosas para o noso organismo.

Soro Oral

Ingredientes

  • 1 litro de auga fervida
  • o zume dun limón
  • dúas culleradas sopeiras de azucre
  • unha culleradiña das de café de bicarbonato
  • media culleradiña de sal

Modo de elaboración:

Ferver durante cinco minutos a auga e cando estea tépeda, engadir o resto de ingredientes.

Este soro tolérase moi ben e axuda a repor líquidos, electrolitos e a evitar a deshidratación

Té con mel

Ingredientes:

  • 1 culleradiña de té, ou unha bolsiña
  • 1 cullerada sopeira de mel
  • ¼ de litro de auga
  • Zume de limón

Preparación:

Poña a ferver a auga. Engada o té e o mel e retire do lume. Deixe que repouse uns minutos e engada o zume de limón.

Tomeo varias veces ao
día

Mazá oxidada

Ingredientes:

  • Mazá
  • Zume de limón

Preparación:

Pele a mazá e déixaa troceada nun prato ata que se oxide, logo engada unhas pingas de limón e consumaa pronto.

Arroz branco

Ingredientes

  • Unha cunca de arroz
  • Un chorro de aceite de oliva
  • Un dente de allo
  • Sal e auga

Elaboración:

  1. Lave o arroz e deixe escurrir.
  2. Poña a ferver a auga (a cantidade ha de ser o dobre da do arroz, ou a que recomende o envase)
  3. Poña nunha cazola un chorro de aceite e doure o allo sen que se queime.
  4. Engada o arroz e rehogue no aceite sen deixar de remover con culler de madeira. Anada o sal.
  5. Engada aos poucos a auga quente sen deixar de remover. Deixe que coza a lume forte durante 5 minutos e remova de cando en vez.
  6. Baixe a intensidade e manteña ao lume durante 12-15 minutos.

Infusión de granada e mel

Ingredientes:

  • 20 gramos de casca de granada (fresca ou seca contén moitos taninos)
  • 1 litro de auga
  • 1 cullerada sopeira de mel

Elaboración:

Ferver a auga coas cascas de granada ata que o líquido redúza á metade. Repousar, coar e beber o líquido.

Tomar varias veces ao día.

Pescada fervida

Ingredientes:

  • 2 anacos de pescada fresca cortada en toros un pouco grosos.
  • 2 patacas
  • aceite de oliva virxe extra
  • 1/2 cebola
  • 1 folla de loureiro

Elaboración:

  1. Poña a ferver a auga coa cebola cortada en anacos, un pouco de aceite cru, unha folla de loureiro e un pouco de sal.
  2. Cando rompa a ferver engada as patacas e coza durante 7 minutos.
  3. Engada a pescada e deixe que ferva 5 minutos. O tempo varía segundo o grosor do peixe. Non deixe que se desfaga.
  4. Escurra a auga e engada un pouco de aceite de oliva virxe.

Pito cocido

Ingredientes:

  • unha pechuga de pito enteira ou un musliño
  • unha pataca
  • unha cenoria
  • un dente de allo
  • media cebola
  • aceite de oliva e sal

Preparación:

  1. Lave o pito, e póñao a cocer en auga coa cebola, o dente de allo e a cenoria cortada en trociños. Engada un chorro de aceite de oliva virxe extra e un pouco de sal.
  2. Coza durante 20 minutos a lume medio.
  3. Engada a pataca cortada en rodelas e deixe cocer durante 15 minutos.

Se o prefire no canto de patacas, tome o pito acompañado dun arroz branco fervido.

Compota de mazá

Ingredientes:

  • 1 Kg. de mazás reinetas
  • 1 limón
  • Unha cullerada ou dúas de azucre integral
  • Canela en rama

Elaboración:

  1. Pele as mazás (son mellor as reinetas porque se fan antes e son máis fariñentas), quítelles o corazón e córteas en cuartos.
  2. Regueas con limón para evitar que se escurezan e póñaas nunha cazola co azucre, medio vaso de auga e a casca dun limón.
  3. Tape a cazola e deixe cocer a lume lento ata que estean a piques de desfacerse. A metade da cocción engada unha poliña de canela.

Espere a que arrefríe, está máis saborosa tépeda.

Mazás asadas

Ingredientes:

  • 4 Mazás (golden ou reineta)
  • 1 limón
  • Media cunca de auga

Preparación:

  1. Lave ben as mazás
  2. Cun vaciador, retire o corazón procurando que queden enteiras e sen pebidas
  3. Dispoña as mazás nunha fonte para o forno e regue coidadosamente coa auga e o zume do limón
  4. Introduza no forno e déixese cocer durante uns 15 -20 minutos aprox. (dependendo do tamaño das mazás) a 180º
  5. Retíreas do forno cando a pel empece a quedar un pouco engurrada e ao picalas estean tenras pero enteiras.

Tómeas a temperatura ambiente.