Despois do cancro
Por que ao finalizar os tratamentos algunhas pacientes comezan a sentirse desanimadas ?
A experiencia de cada muller ao finalizar os tratamentos é diferente. Non hai unha maneira correcta e incorrecta de sentirse. Vai depender da personalidade, circunstancias persoais, tipo de cancro e os tratamentos que recibise.
Algunhas persoas séntense preparadas para renovar facilmente a súa vida a pesar da experiencia a cal cargan ás súas costas. Outras pacientes afrontan a vida con enerxía renovada contentas por sobrevivir ao cancro.
Pero a outras mulleres, o impacto emocional da experiencia chégalles cando todo terminou. Nese momento poden chegar a experimentar ansiedade e depresión. É unha resposta natural. O diagnóstico e o tratamento pásano centrándose en estar o mellor posible co apoio dos seus seres queridos e o equipo. É despois, cando teñen tempo de pensar no que pasou cando van sentir os efectos.
É frecuente que poida sentirse asustada e vulnerable, triste ou enfadada polo que lle pasou. Ou sentirse perdida ao finalizar o tratamento porque xa non está a recibir o apoio do equipo que a atendeu. Outras veces, a pesar de que a familia e amigos que a coidaron e son marabillosos, vostede pode sentir que non entenden polo que pasou.
Tamén se pode sentir medo de ser feliz por se o cancro regresa e ten que pasar de novo pola experiencia.
Non debe sentirse culpable por ter estes sentimentos aínda que a súa familia e amigos esperen que se sinta feliz unha vez finalizados os tratamentos. Nestes casos falar pode axudala, xa que o non falar para non desgustalos pode facer que se sinta illada. Se non lle gusta falar dos seus sentimentos ou lle resulta difícil, pode atopar outro modo de expresarse a través da música, a arte ou outras actividades, o exercicio, ou o que funcione mellor para vostede.
Doutra banda, os cambios físicos que poden producirse como a perda ou ganancia de peso, cicatrices ou perda da mama pode ter impacto en como se sinta. A súa autoestima pode verse alterada e isto pode afectar á súa confianza nas súas relacións persoais, a nivel profesional e social.
A fatiga é outro aspecto físico a ter en conta nestes momentos. Pode ser de longa duración e nalgúns casos é necesario escoitar ao corpo e darse tempo. Se se atopa cansa para renovar algunha tarefa será necesario que baixe o ritmo e reducir a cantidade de actividades que fai. Pode facer unha planificación diaria dando prioridade ás cousas máis importantes que quere facer.
A actividade física pode axudar a reducir a fatiga, sempre que se realice de maneira correcta. É necesario comezar con actividade física leve e ir aumentando gradualmente co tempo. Non debe facer máis do que sente capaz de facer.
Pode falar e pedir apoio ao equipo da Unidade , podemos orientala sobre onde obter máis información e asistencia. Pode solicitar en calquera momento que considere necesario unha cita co psicólogo da Unidade e información sobre asociacións de mulleres.
CONSELLOS ÚTILES PARA FACER FRONTE ÁS SECUELAS FÍSICAS E EMOCIONAIS:
-
Recoñecer o que pasou e o ben que o fixo
-
Non ser esixente e dura consigo mesma
-
Darse permiso para chorar polo que perdeu, ou se o considera oportuno, busque a alguén con quen falar acerca de isto
-
Non evitar o tema, todos evitamos facer as cousas que nos resultan difíciles
-
Marcar un obxectivo, algo que queira facer
-
Mellorar a súa autoestima centrándose nos seus logros e dedicar tempo a avaliar as cousas boas que fixo e que aínda lle quedan por facer
-
Aprender a confiar de novo no seu corpo aprendendo os novos sinais que emite e darse tempo
-
Facer un pouco de exercicio, cando se sinta preparada. O exercicio regular pode axudar a combater o baixo estado de ánimo e a sentirse máis forte fisicamente
-
Se está preocupada fale co equipo acerca de isto