Tratamento do linfedema
Hoxe en día a terapia máis eficaz do linfedema é a Terapia Física Desconxestiva (TFD) consistente en:
- Hixiene e coidados da pel
- Drenaxe linfático manual (DLM)
- Compresión neumática intermitente
- Vendaxes multicapas de baixa elasticidade
- Exercicios físicos
Para asegurar a eficacia do tratamento débese realizar todos e cada un destes apartados, e sempre realizados por fisioterapeutas formados no uso de ditas técnicas. Actualmente os fisioterapeutas son os únicos profesionais sanitarios legalmente autorizados para a aplicación da terapia física desconxestiva en pacientes afectados por linfedema.
Cales son os obxectivos do tratamento?
Os obxectivos do tratamento son:
- Reducir o volume do lifedema evitando a fibrose
- Manter ou restablecer a función da extremidade e mellorar o seu aspecto
- Previr e tratar as complicacións
Drenaxe linfático manual
A drenaxe linfático manual defínese como: a activación manual do líquido intersticial a través das canles prelinfáticos e da linfa a través dos vasos linfáticos.
A drenaxe linfático manual é un tipo de masaxe co que facilitamos a reabsorción, a nivel dos capilares linfáticos, do líquido e as proteínas que se atopan encharcando o noso brazo no linfedema, á vez que activamos os vasos linfáticos para aumentar a drenaxe do brazo. A realización desta masaxe é sempre moi suave, faise lenta e rítmicamente e nunca debe producir avermellamento nin dor. Realízase desde a zona máis próxima ao tronco e aos poucos ímonos achegando á man.
Existen varias técnicas para a realización da drenaxe linfático manual, as máis utilizadas son as desenvolvidas polos doutores Vodder, Foldi e Leduc. Non está demostrado que a eficacia dunha das técnicas sexa mellor que a outra. O uso dunha ou outra delas depende da formación do fisioterapeuta.
Compresión neumática intermitente
A compresión neumática intermitente, ou Presoterapia, é un método de tratamento mecánico que facilita a evacuación do líquido do edema, pero non das proteínas.
Consiste na utilización duns manguitos divididos en varios segmentos. Estes segmentos conéctanse a un compresor que fai que o manguito ínchese e deshinche de maneira rítmica e intermitente, comezando pola man ascendendo até o ombreiro.
A presión exercida polo manguito nunca debe ser superior a 40 mm de Hg e só se debe utilizar despois da drenaxe linfático manual dentro da Terapia Física Desconxestiva, nunca de forma illada. Como dixemos anteriormente elimina o líquido pero as proteínas mantéñense no brazo, o que favorece a fibrose ou endurecemento do brazo.
Vendaxe multicapa de baixa elasticidade
As vendaxes multicapa baséanse na utilización de varias vendas de baixa elasticidade que permiten unha lixeira presión en repouso, pero máis alta durante as actividades da vida diaria. As vendas débense colocar ao finalizar a drenaxe linfática e a compresión neumática, e mantelas até o día seguinte ao comezo do tratamento. Os exercicios físicos realizaranse con véndas xa que son moito máis eficaces con elas.
Pezas de compresión elásticas a medida
Ao finalizar o tratamento coa Terapia Física Desconxestiva, tománse as medidas do brazo e da man para a realización dunha peza de compresión elástica. Dita peza débese utilizar durante o día, retirándoa pola noite, momento que utilizaremos para hidratar cunha crema suave o brazo e a man.
Do mesmo xeito que dixemos con vendas, os exercicios débense realizar tamén coa peza elástica.