Quimioterapia
A quimioterapia utiliza medicamentos que destrúen as células cancerosas. Estes medicamentos actúan interrompendo o crecemento destas células.
Pode recibir quimioterapia:
Neoadxuvante.- Antes da cirurxía para reducir o tumor o que permite realizar cirurxía conservadora.
Adxuvante.- Despois da cirurxía. Cando hai un risco de que as células saian do tumor cara a outra parte do corpo. A quimioterapia pode destruír estas células e reducir o risco de que o cancro volva aparecer.