Estrinximento. Recomendacións e receitas

O estrinximento ou constipación, é unha alteración que se produce cando as feces permanecen moito tempo no intestino groso debido a un transito intestinal demasiado lento. Cando as feces están moito tempo no colon os excrementos vólvense secos e duros, dificultando a súa expulsión e ocasionando en ocasións moitas molestias á persoa que o sofre. Vostede pode presentar moita dor á hora de realizar unha deposición ou ser incapaz de defecar a pesar de tentalo durante un tempo varias veces ao día.

A frecuencia de deposiciones varía dunha persoa a outra. Hai persoas que realizan unha deposición diaria e outras que o habitual son 3-4 deposiciones á semana. Mentres o seu ritmo intestinal non cambie, non ten porque preocuparse.

As causas máis comúns do estrinximento son: os cambios de hábitos en relación ao exercicio físico, á alimentación e á evacuación intestinal. Pero ademais durante a administración de quimioterapia certos citostáticos e algúns medicamentos utilizados para as nauseas e os vómitos, outros utilizados para a anemia, como o ferro e os pautados en caso de dor, depresión, insomnio, poden producir como efecto secundario o estrinximento.

O estrinximento se non se prevén, pode chegar a ser un síntoma altamente incapacitante, que causa moito disconfort, ocasionando dor abdominal e rectal, nauseas e vómitos, halitose, cansazo e perda de apetito.

En ocasións vostede pode confundir o estrinximento cunha diarrea, si, aínda que lle pareza mentira leu ben, incluso algún sanitario non experto no tema chegou a confundirse. Tratarei de forma concisa e breve facerllo comprender.

Se vostede leva varios días sen realizar deposición, ou fai un pouco cada día, pero non é suficiente cantidade, as feces vanse volvendo máis duras e almacénanse no seu intestino producindo un taponamento difícil de expulsar; isto coñécese en medicina como “fecaloma ou impactación fecal”. Sucede ás veces que o recto está tan cheo de feces que nalgún momento as feces vanse disolvendo polos lados e saen ao exterior de forma líquida, facendo pensar ao enfermo e á súa familia que está con diarrea. A isto denomínaselle “diarrea por rebosamiento ou falsa diarrea” (pseudo diarrea). Cando isto sucede é necesario o uso de laxantes por vía oral e por vía rectal.

Recomendacións para previr do estrinximento

  • Comece o día tomando en xaxún unha infusión tépeda, ou un vaso de auga quente. Evite as bebidas gaseadas.
  • Consuma carnes magras, pito, pavo, coello, tenreira, avestruz, cabalo.
  • Permítese o peixe branco e azul.
  • As verduras pódense consumir crúas e cociñadas, mellor ao vapor.
  • Tome iogures, kéfir e outros leites fermentadas; conteñen bacterias que axudan a equilibrar a flora intestinal.
  • Prescinda temporalmente de alimentos que conteñen taninos (astringentes), marmelo, arroz, cenoria, mazá crúa.
  • Se o seu estado de saúde llo permite camiñe a diario, aínda que soamente o faga durante media hora.
  • Reeduque o seu intestino adquirindo ou recuperando o hábito de sentar no baño, sen présas, sen ninguén que lle moleste, á mesma hora todos os días.
  • Tome zume de laranxa recentemente espremida, ou mellor a laranxa enteira, ten máis contido en fibra.
  • Tome Kiwis e uvas para almorzar ou a calquera hora do día.
  • Tome unha dieta variada tratando de adaptarse ás recomendacións da dieta equilibrada chamada tamén dieta mediterránea.
  • Aumente aos poucos o consumo de fibra, o peristaltismo do seu intestino pode ser máis lento e un consumo excesivo pode producirlle flatulencia e dor abdominal.
  • Algúns alimentos como o salvado, o liño, os cereais integrais, as cirolas, as verduras, facilitan o tránsito intestinal.
  • Tome de 2 a 3 litros de líquidos ao día, auga, infusións, zumes, consomés.

Valore a necesidade de tratamento local para as fisuras e ou hemorroides.

Nalgunha circunstancia aínda seguindo todas estas recomendacións poida que necesite a aplicación de enemas, supositorios ou laxantes por vía oral. Se este é o seu caso consulte ao médico ou á enfermeira no hospital de día.

Menús recomendados en caso de estrinximento

Se vostede sempre tivo problemas de estrinximento, poida que neste momento se vexan agravados. É moi importante que trate de manter o seu ritmo intestinal consumindo alimentos ricos en fibra, bebendo abundantes líquidos e realizando exercicio físico a diario. A continuación recomendámoslle unhas receitas de cociña que vostede pode elaborar con pouca dificultade e unha serie de alimentos como son, sementes de liño, copos de avena, ou muesli, tostadas de pan integral ou de centeo untadas con aceite, iogur con fibra, uvas, laranxas, cirolas, peras, papaya, figos etc. que lle facilitan o seu transito intestinal.

Minestra de verduras

Ingredientes:

  • ½ cebola
  • 1 dente de allo
  • 150g de coliflor conxelada
  • 100g de guisantes conxelados
  • 150 g de espinacas conxeladas
  • 150 g de brócoli conxelado
  • 100 g de xamón do país
  • 2 cucharadas de aceite oliva virxe extra
  • Sal

Elaboración:

  1. Poña o aceite a quentar nunha cazola.
  2. Engada a cebola e o allo cortado en trociños e deixe dourar lixeiramente.
  3. Incorpore o xamón cortado en dadiños.
  4. Engada aos poucos o resto das verduras cortadas en anacos e os guisantes a lume forte sen deixar de remover. Engada o sal.
  5. Poña un pouco de auga ata que se cubran as verduras e deixe cocer a lume medio durante 8 minutos.

Espárragos brancos frescos

Ingredientes:

  • Un feixe de espárragos frescos
  • Sal
  • Azucre
  • Zume de ½ limón
  • Aceite de oliva virxe extra

Elaboración:

  1. Retire a parte máis dura dos espárragos, péleos e láveos.
  2. Póñaos a cocer nun recipiente con auga fervendo, sal, un chisco de azucre e o zume de medio limón, durante media hora.
  3. Sírvaos amornados cun bo chorro de aceite de oliva virxe extra.

Pito ao forno con froitas

Ingredientes:

  • 1 pito
  • 1 mazá reineta
  • 8 cirolas pasas
  • 8 orellóns
  • 50 g de uvas pasas
  • 3 dentes de allo
  • 2 vasos de caldo
  • 1 cebola
  • Un vaso de auga ou de caldo
  • Un chorro de aceite de oliva virxe extra
  • ½ vaso de viño branco
  • sal

Poñas as froitas secas en remollo durante 6-8 horas

Elaboración:

  1. Limpe e sae o pito por dentro e por fóra.
  2. Pele a mazá e córtea en 4 trozos.
  3. Encha o pito coa mazá, as cirolas, os orellóns, as uvas pasas, os dentes de allo e a cebola.
  4. Póñao sobre unha placa de forno, verta encima un bo chorro de aceite e a auga ou o caldo. Introduza no forno (previamente quentado) a 180ºC, durante 50-60 minutos.
  5. A media cocción incorpore o viño branco.

Sirva o pito enteiro nunha fonte coas verduras ao carón.

Ensalada de cogollos e espárragos.

Ingredientes:

  • 2 cogollos
  • 6-8 espárragos brancos de bote
  • ½ bote pequeno de millo
  • 10 tomates cherry
  • Un bote pequeno de conserva de ventresca de bonito en aceite de oliva virxe extra
  • Sal
  • Aceite virxe de oliva
  • Vinagre de módena

Elaboración:

  1. Lave os cogollos e córteos á metade en sentido longitudinal.
  2. Nunha fonte poña os espárragos no centro
  3. Coloque os cogollos aos lados e as ventrescas na parte do talo.
  4. Adorne co millo e os tomates cherry.
  5. Engada o sal, o aceite e o vinagre.

Aguacate con gambas

Ingredientes:

  • 2 aguacates
  • 10-12 gambas medianas conxeladas
  • 1 mazá aceda
  • 2 culleradiñas de limón
  • sal

Elaboración:

  1. Cocer as gambas e picar moi fino. Reservar 4 gambas enteiras (unha para cada metade de aguacate, para adornar)
  2. Pelar a mazá, raiar e mesturar co limón.
  3. Cortar os aguacates pola metade e quitar a pulpa. Esta pulpa esmágase cun tenedor e mestúrase co picado de gambas e mazá.
  4. Lígase todo coa salsa, que pode ser maionesa ou salsa de iogur e sálgase.
  5. Énchense as metades dos aguacates con esta mestura e adórnanse coas gambas enteiras. Sérvese moi frío.

Salsa: Pode ser salsa maionesa ou unha salsa de iogur elaborada cun iogur natural, 2 culleradas de zume de laranxa, 2 culleradas de zume de limón, sal e pementa negra (opcional).

Sopa fría de guisantes

Ingredientes:

  • 1 leituga pequena
  • ½ k de guisantes conxelados
  • 1 cebola
  • 1 dente de allo
  • 1 chorro de aceite de oliva
  • 200ml de nata líquida
  • Sal
  • Pementa negra (opcional)

Elaboración:

  1. Lave a leituga, deixe escurrir e logo córtea en xuliana.
  2. Coza os guisantes cun pouco de aceite e sal e deixe escurrir.
  3. Pique a cebola e o allo moi finos e refogue nunha tixola.
  4. Engada esta picadura aos guisantes xunto coa nata e deixe que coza un cacho.
  5. Pase pola batidora e a continuación por un colador chinés para que quede unha crema homoxénea.
  6. Sirva a crema fría, adornada con pementa negra moída e un chorro de aceite.

Ensalada de pasta

Ingredientes:

  • 150-200 g de pasta de vexetais (de cores) para ensaladas (lazos, espirais, etc.)
  • 2 ovos
  • 1 leituga pequena
  • 1 tomate
  • 1 lata pequena de atún en aceite de oliva
  • 1 lata pequena de millo
  • 1 lata pequena de espárragos
  • 1 lata pequena de olivas verdes
  • 1 tarriña pequena de queixo fresco
  • 1 chorro de aceite
  • 1 chorro de vinagre, ou limón
  • sal

Pódense engadir outros ingredientes que sexan do noso agrado: brotes de soia, remolacha, etc.

Elaboración:

  1. Cócese a pasta cun pouco de sal e aceite e déixase arrefriar.
  2. Cócense os ovos, déixanse arrefriar e córtanse en “gajos” finos
  3. Lávase a leituga, se escurre e pícase en xuliana
  4. Lávanse os tomates e pícanse en forma de dados.
  5. Ábrense as latas e se escurren.
  6. Córtanse os espárragos e o queixo fresco.
  7. Mestúrase todo nun recipiente, aderézase co sal, o vinagre (ou limón) e o aceite. Sérvese fría.

Compota de cirolas

Ingredientes:

  • 200 g de cirolas desecadas
  • 100 g de azucre
  • A auga que necesite

Elaboración:

  1. Lave ben as cirolas e déixeas en remollo durante 8 horas ou a noite anterior.
  2. Poña a cocer as cirolas coa auga do remollo.
  3. Poña a cocer a lume lento durante 20 minutos.
  4. Incorpore o azucre e deixe cocer uns minutos máis ata que a auga se reduza e as cirolas se desfagan.
  5. Deixe repousar e arrefriar na neveira.

Batido de macedonia

Ingredientes:

  • 2 pexegos en almíbar
  • 2 rodelas de piña natural (ou de bote)
  • 2 plátanos
  • 2 kiwis
  • 1 cullerada de mel
  • O zume de 2 laranxas
  • 1 cunca de fresas
  • Unhas pedras de xeo
  • 1 vaso de auga

Preparación:

  1. Pele todas as froitas e póñaas no recipiente da batidora.
  2. Prepare o zume de laranxa.
  3. Reserve unhas rodelas de kiwi e triture o resto das froitas.
  4. Incorpore a auga, o zume de laranxa, o mel e o xeo.
  5. Sírvao frío en copas individuais cunha rodela de kiwi en cada copa.