Recomendacións postoperatorias
HIXIENE
É necesario que non molle nin cambie a vendaxe no seu domicilio para unha boa curación. Nas sucesivas citas coa enfermeira e o cirurxián cambiaránselle os apósitos e indicaráselle cando pode comezar a ducharse mollando a zona da aréola/mamila.
VESTIDO
É importante evitar a presión e o rozamento na mamila reconstruída. Para evitar a presión é aconsellable non utilizar a tira do suxeitador ao lado intervido.
SIGNOS DE ALERTA
- Temperatura de 38º C ou máis.
- Cambio de cor da aréola/mamila.
De luns a venres de 8:00 a 15:00 chame á enfermeira ao nº de teléfono 679286406 ó 981178341
En horario de tarde, festivos e fins de semana chamar ao nº de teléfono da Unidade Cirúrxica 981178341
HIXIENE
Pode realizar as súas actividades de hixiene habituais. Recomendamos a ducha diaria, pero non o baño debido a que as feridas non deben estar húmidas.
É posible que nas liñas de incisión teña uns Steri-Strips® (pequenos esparadrapos de papel) que non debe retirar antes da ducha. Caerán por si sós ou serán cambiados na consulta.
Ao finalizar a ducha é necesario secar ben a zona intervida cunha toalla limpa dando toques.
COIDADOS DA INCISIÓN CIRÚRXICA
Unha vez secas as zonas intervidas é importante desinfectar as feridas cirúrxicas con povidona iodada e cubrir a continuación con gasas limpas.
Ao redor da zona de inserción de cada drenaxe coloque unha gasa con xel de povidona iodada. É necesario anotar diariamente o contido das drenaxes na táboa que lle entregamos e traela nas próximas revisións para valorar a súa retirada en función das anotacións realizadas.
Evite no posible a utilización de esparadrapos.
Non utilice crema hidratante ou aceite de rosa mosqueta nas incisiones ata que estean totalmente cicatrizadas. Nas sucesivas revisións indicaranlle cando comezar.
VESTIDO
É necesario utilizar un suxeitador sen aros as 24 horas do día durante o seis ou oito semanas despois da cirurxía.
DOR
Despois da intervención cirúrxica é normal sentir algunha dor, tirantez e menor sensibilidade. Estas sensacións irán desaparecendo gradualmente. É importante non esperar a ter dor para tomar os calmantes indicados polo seu cirurxián. Os calmantes tomados con pauta horaria son máis eficaces.
EXERCICIO
É recomendable camiñar diariamente. Durante o primeiro mes é importante non facer exercicios que mobilicen bruscamente a zona do músculo dorsal doante. Para evitar os espasmos e as molestias nesta zona entregaráselle na consulta de enfermaría unha táboa de exercicios para realizar diariamente de maneira progresiva.
SEROMA
Denomínase seroma á acumulación de líquido na zona intervida. É frecuente desenvolver seroma na zona dorsal durante o proceso de curación.
Se desenvolve seroma, este retírase facilmente cunha xiringa. Será necesario repetir o proceso varias veces durante o período de recuperación. Para iso, ten á súa disposición o teléfono da consulta de enfermaría para solicitar unha cita cando necesite.
Lembre que o seroma é algo temporal que diminuirá progresivamente e non é unha complicación.
SIGNOS DE ALERTA:
- Aumento do tamaño da mama.
- Temperatura de 38º C ou máis.
- Avermellamento ou cambio de coloración da mama reconstruída ou da zona dorsal.
- Aumento do contido da drenaxe.
De luns a venres de 8:00 a 15:00 chame á consulta de enfermaría ao nº de teléfono 679286406 ou 981178341
En horario de tarde, festivos e fins de semana chamar ao nº de teléfono da Unidade Cirúrxica 981178341
HIXIENE
Pode realizar as súas actividades de hixiene habituais. Recomendamos a ducha diaria, pero non o baño debido a que a ferida non debe estar húmida.
É posible que na liña de incisión teña uns Steri-Strips® (pequenos esparadrapos de papel) que non debe retirar antes da ducha. Caerán por se sós ou serán cambiados na consulta.
Ao finalizar a ducha debe secar ben a zona intervida cunha toalla limpa dando toques.
COIDADOS DA INCISIÓN CIRÚRXICA
Unha vez seca a zona intervida debe desinfectar a ferida cirúrxica con povidona iodada e cubrir a continuación con gasas limpas.
Ao redor da zona de inserción de cada drenaxe coloque unha gasa con xel de povidona iodada. É importante anotar diariamente o contido das drenaxes na táboa que lle entregamos e traela nas próximas revisións para valorar a súa retirada en función das anotacións realizadas.
Evite no posible a utilización de esparadrapos.
Non utilice crema hidratante ou aceite de rosa mosqueta na incisión ata que estea totalmente cicatrizada. Nas sucesivas revisións indicaranlle cando comezar.
VESTIDO
É necesario utilizar un suxeitador sen aros (que non comprima a mama reconstruída) as 24 horas do día.
Durante o tempo que dure a expansión, a mama intervida non terá a forma e tamaño da outra mama. Se o considera necesario pode utilizar, provisionalmente, unha prótese externa que lle facilitaremos no hospital. A forma e tamaño definitivo da mama intervida non se obterán até finalizar a expansión e cambiar o expansor polo implante definitivo.
DOR
Despois da intervención cirúrxica é normal sentir presión no peito e molestias nas costas. Estas molestias irán desaparecendo gradualmente. É importante non esperar a ter dor para tomar os calmantes indicados polo cirurxián. Os calmantes tomados con pauta horaria son máis eficaces.
Despois das expansións que realizará o cirurxián na consulta, inxectando soro fisiolóxico cunha agulla pequena, pode notar molestias na mama e nas costas que melloran xeralmente ao cabo dun ou dous días.
EXERCICIO
É recomendable camiñar diariamente. Durante o primeiro mes, polo risco a que se desprace o expansor, é moi importante:
- Non coller pesos nin realizar movementos bruscos co brazo ao lado intervido.
- Non elevar a man por encima do nivel da cabeza.
- Evitar movementos que mobilicen os músculos pectorais.
Na consulta de enfermaría entregaráselle unha táboa de exercicios que lle permitirán recuperar a mobilidade de maneira progresiva.
SIGNOS DE ALERTA:
- Aumento do tamaño da mama.
- Temperatura de 38º C ou máis.
- Avermellamento ou calor na pel da mama intervida.
- Cambio de cor da liña de incisión.
- Aumento do contido da drenaxe.
- Presión excesiva ou molestias ao respirar.
De luns a venres de 8:00 a 15:00 chame á enfermeira ao nº de teléfono 679286406 ó 981178341
En horario de tarde, festivos e fins de semana chamar ao nº de teléfono da Unidade Cirúrxica 981178341
Na intervención que se lle practicou extirpáronselle ganglios linfáticos da rexión axilar e isto leva un risco, que consiste en que o seu brazo afectado presente edema como resultado do almacenamento de líquido linfático que se manifesta como unha hinchazón local. Isto denomínase LINFEDEMA e para previlo debe de seguir as seguintes recomendacións no brazo afectado:
- Debe evitar as vías de entrada de infeccións cutáneas e para iso hai que extremar as medidas hixiénicas e o coidado da pel procurando non expor o brazo a golpes, queimaduras, rasguños, picaduras ou outro tipo de lesións. Para evitalas empregar luvas para as tarefas do fogar, xardinaría etc.
- Evite coller pesos e levar bolsos nese ombreiro.
- Non use xoias nin pezas de vestir que lle compriman e dificulten a circulación do brazo.
- Para a depilación da axila utilice rasuradora eléctrica ou crema depilatoria (comprobando no outro brazo que non lle produce reacción alérxica).
- Indique ao persoal sanitario o brazo afectado para impedir, na medida do posible, que lle tomen nel a tensión arterial, póñanlle inxeccións ou lle fagan extraccións de sangue.
- Evite tomar o sol directo nese brazo nas horas de maior exposición usando protección solar alta para evitar queimaduras.
- É normal que na parte interna do brazo e na axila teña sensación de formigo, ardor, tensión ou tirantez. Estas sensacións poden persistir durante varios meses para despois comezar a diminuír.
Coidados do brazo afectado:
A intervención produce pola dor unha limitación nos movementos do ombreiro que se pode recuperar seguindo as seguintes recomendacións:
- Debe comezar a realizar ao día seguinte da intervención os exercicios de rehabilitación do brazo seguindo as recomendacións escritas entregadas ao alta.
- Para diminuír a dor axudaralle tomar o analxésico pautado 20 minutos antes de iniciar os exercicios.
- Comece a realizalos de forma progresiva tres veces ao día, durante 15 minutos e por un período mínimo de seis semanas.
- É importante que sexa constante.
- Debe saber que de non facer os seus exercicios, poden aparecer problemas de mobilidade difíciles de tratar posteriormente.
Signos de alerta:
- Signos de hemorraxia: Sangrado maior de 200 cc nas drenaxes, ou sangrado agudo pola ferida cirúrxica.
- Febre de 38º C ou superior.
- Se no brazo comeza a notar avermellamento, aparición de hinchazón, aumento de temperatura local, dor, inflamación, etc.
- Calquera outra dúbida ou complicación que se lle expoña.
De luns a venres, de 8 a 15h teléfono de enfermaría: 679286406 ó 981178341
En horario de tarde, festivos e fins de semana chamar ao nº de teléfono da Unidade Cirúrxica 981178341
HIXIENE
Pode realizar as súas actividades de hixiene habituais. Recomendamos a ducha diaria, pero non o baño debido a que a ferida non debe estar húmida. Ao finalizar a ducha é necesario secar ben a zona intervida cunha toalla limpa dando toques.
É posible que na liña de incisión teña uns Steri-Strips® (pequenos esparadrapos de papel) que non debe retirar coa ducha. Caerán por se sós ou serán cambiados na consulta.
COIDADOS DA INCISIÓN CIRÚRXICA
Unha vez seca a zona intervida debe desinfectar a ferida cirúrxica con povidona iodada e cubrir a continuación con gasas limpas.
Ao redor da zona de inserción de cada drenaxe coloque unha gasa con xel de povidona iodada. É importante anotar diariamente o contido das drenaxes na táboa que lle entregamos e traela nas próximas revisións para valorar a súa retirada en función das anotacións realizadas.
Evite no posible a utilización de esparadrapos.
Non utilice crema hidratante ou aceite de rosa mosqueta na incisión ata que estea totalmente cicatrizada. Nas sucesivas revisións indicaranlle cando comezar.
VESTIDO
É necesario que utilice suxeitador sen aros (que suxeite ben as mamas) as 24 horas do día durante seis ou oito semanas despois da cirurxía.
DOR
Despois da intervención cirúrxica é normal sentir molestias. Estas molestias irán desaparecendo gradualmente. Se ten dor tome os calmantes indicados polo cirurxián. Durante uns días é normal sentir algunha picada e sensación de picor.
EXERCICIO
Durante o primeiro mes debe seguir as recomendacións seguintes:
- Non coller pesos nin realizar movementos bruscos co brazo ao lado intervido.
- Non elevar a man por encima do nivel da cabeza.
- Evitar movementos que mobilicen os músculos pectorales.
Ao cabo do primeiro mes pode renovar a súa actividade deportiva utilizando un suxeitador especial para facer deporte que suxeite ben as mamas.
SIGNOS DE ALERTA:
- Aumento do tamaño da mama.
- Temperatura de 38º C ou máis.
- Avermellamento ou calor na pel da mama intervida.
- Aumento do contido da drenaxe.
De luns a venres de 8:00 a 15:00 chame á enfermeira ao nº de teléfono 679286406 ó 981178341
En horario de tarde, festivos e fins de semana chamar ao nº de teléfono da Unidade Cirúrxica 981178341
Recomendacións postoperatorias:
Alimentación:
- Pode iniciar a alimentación de modo progresivo. Comezará a tomar unha dieta branda para continuar a partir do segundo día coa súa dieta habitual.
- Deberá fomentar hábitos saudables procurando evitar o alcol e tabaco.
Exercicio:
- Pode realizar as actividades da vida diaria de maneira progresiva sen facer exercicios violentos. Cada paciente debe valorar a súa capacidade para a actividade física.
- Se realiza algún tipo de deporte deberá consultalo co seu médico.
- É recomendable o paseo diario.
Hixiene:
- Pode realizar as súas actividades de hixiene habituais, incluída a ducha, pero non se recomenda o baño debido a que a ferida non debe estar húmida.
Coidados da mama intervida:
- Debe utilizar un suxeitador sen aros as 24 horas, mesmo para durmir ata que acuda á próxima revisión.
- Leva un ou dúas drenaxes na zona intervida. Anotará diariamente o contido do mesmo na táboa que figura no tríptico informativo que lle entregamos. É moi importante que a traia cando acuda a revisión para valorar a súa retirada.
- Se sangra ou molla a vendaxe cirúrxica debe cambiala desinfectando a ferida con Povidona Iodada, cubríndoo a continuación con gasas limpas.
- Pode utilizar crema hidratante na zona cirúrxica unha vez que a incisión atópese totalmente cicatrizada (aproximadamente a partir da sexta semana).
Signos de alerta:
- Signos de hemorraxia: Sangrado maior de 200 cc nas drenaxes, aumento do tamaño da mama ou sangrado agudo pola ferida cirúrxica
- Febre de 38º C ou superior.
- Calquera outra dúbida ou complicación que se lle expoña.
De luns a venres, de 8 a 15h chame ao teléfono de enfermaría: 679286406 ó 981178341
En horario de tarde, festivos e fins de semana chamar ao nº de teléfono da Unidade Cirúrxica 981178341