Linfedema

Unha das secuelas da intervención cirúrxica do cancro de mama con extirpación de ganglios linfáticos e/ou radioterapia, é o desenvolver un linfedema, no membro superior ao lado da operación, ao longo da súa vida.

Iso significa que vou ter un linfedema?

Non, actualmente só un 10 % das mulleres sometidas a cirurxía de mama teñen risco de desenvolver un linfedema, se ademais da cirurxía foron sometidas a radioterapia o risco aumenta até un 20 ou 25 %.

Por iso non debemos obsesionarnos con que vou desenvolver un linfedema, os avances en diagnóstico (ganglio sentinela) e en cirurxía fan que a probabilidade do linfedema sexa cada vez menor. Aínda nas cirurxías de hai anos, nas cales as técnicas cirúrxicas eran máis agresivas, a probabilidade de desenvolver un linfedema era dun 15 ou 20 %, sendo maior coa radioterapia.