Terapia biolóxica
Algúns anticorpos monoclonais buscan células cancerosas que teñen receptores de crecemento para bloquealos.
Trastuzumab (Herceptin).- Algunhas células de cancro de mama teñen gran cantidade de proteína HER2 positivo. A proteína é un receptor do factor de crecemento. Herceptin únese a estes receptores proteicos e bloquéaos. Ademais, aumenta o efecto da medicación de quimioterapia nas células do cancro de mama. Está contraindicado se ten problemas de corazón polo que lle realizarán probas antes de iniciar o tratamento.
Herceptin adminístrase por vía intravenosa durante 30 ou 90 minutos de duración (dependendo da dose administrada) cada semana ou cada 3 semanas dependendo das súas necesidades de tratamento.
Efectos secundarios:
- Cansazo durante o tratamento até 6 meses despois de finalizado.
- O primeiro tratamento pode dar reacción (calafríos, febre, erupción cutánea, sofocos, mareos, dificultade para respirar) polo que estaremos pendentes durante a administración. Xeralmente estes efectos desaparecen nos tratamentos posteriores.
- Diarrea.- Afecta a 1 de cada 3 persoas
- Dor que pode aparecer no peito, abdome, articulacións e músculos
Os efectos secundarios poden variar ao longo do tratamento. Comunique ao equipo se algún destes efectos secundarios empeora.