Cancro de mama no home
É moi pouco frecuente. Cada 100 cancros de mama en mulleres, hai 1 en homes.
Os factores de risco máis importantes son: Ter Síndrome de Klinefelter, ser portador de BRCA (marcador xenético) .
Signos de alarma para acudir ao seu médico: Aumento mamario (uni ou bilateral), notar un “vulto” en calquera das mamas, calquera secreción por mamila que sexa serosanguinolenta ou hemorrágica, retracción da mamila, a ulceración da mamila ou da pel ou o aumento de tamaño dos ganglios axilares.
Sempre que se atopa unha masa sospeitosa na mama, débese realizar unha confirmación con mamografía, ecografía ou resonancia e biopsia con agulla grosa(é o método de elección para o diagnóstico), se fose necesaria.
O tratamento cirúrxico de elección no cancro de mama localizado é a mastectomía e a Biopsia selectiva do ganglio sentinela.
O tratamento médico pode ser Hormonal, Quimioterapia ou ambos e pódese administrar, segundo a situación clínica, antes ou despois da cirurxía (segue as mesmas recomendacións que na muller no mesmo estadio da enfermidade)
Nos homes deberían usarse as mesmas indicacións de radioterapia tras mastectomía que no cancro de mama feminino.