Catéter venoso central

Que é un catéter venoso central?

Un catéter é un tubo flexible que se introduce nunha vea de suficiente calibre, de dimensións e materia tolerable polo organismo.

Serve para administrar o tratamento durante o tempo que precise (medicamentos, trasfusiones…), así como para realizar extraccións de sangue sen necesidade de picar constantemente as súas veas, evitando así a deterioración das mesmas.

Colócase en quirófano ou en radioloxía, por persoal especializado, xeralmente baixo anestesia local.

Tipos de catéteres

Existen distintos tipos que dependen da indicación médica e do tempo de permanencia, os máis utilizados no noso servizo son:

RESERVORIO

Vai situado por baixo da pel. Para polo en funcionamento hai que puncionarlo cunha agulla especial. É o de maior duración (meses, anos), cómodo e non precisa selado frecuente.

PICC

É de menor duración. Colócase a través das veas do antebrazo. Trae un sistema de suxeción que permite que quede adherido á pel con maior seguridade que o esparadrapo. Ten tamén tapón e pinzas de seguridade.

Coidados dos catéteres

O feito de ser un portador dun catéter non implica que cambie os seus costumes nin actividades habituais, pero si debe seguir as seguintes recomendacións para o seu mantemento:

HIXIENE

Se é portador dun reservorio poderá ducharse e bañarse con normalidade.

Se ten un picc: ao ser un catéter de menor duración o seu sistema de suxeción é distinto. É preferible non mollar a zona ao ducharse. Debe acudir ao hospital de día unha vez á semana para realizar a limpeza do catéter.

SELADO DE CATÉTER

Mentres o catéter permaneza fóra de uso, terá unha sustancia que impida que se obstrúa: a heparina (Fibrilin®), coñécese como selado do catéter.

Procedemento

  • Reservorio
    • Lavar a luz interna do catéter con 10 cc de soro fisiolóxico.
    • Administrar 5 cc de Fibrilin®.
    • Retirar a agulla do reservorio, aplicar un antiséptico e tapar a zona de punción cun apósito.
  • PICC
    • Lavar a luz interna do catéter con 10 cc de soro fisiolóxico.
    • Administrar 3 cc de Fibrilin ®.
    • Colocar un tapón no extremo do catéter e tapar a zona cun apósito.

Recomendacións

Evite friccionar zona de acceso. Recoméndase non levar pezas de vestir (tirantes de sujetador) que poidan friccionar o acceso. Así mesmo débese evitar que o cinto de seguridade do automóbil exerza presión sobre a zona. Se é portador dun picc, non cargue pesos na flexura do cóbado.
En canto ao deporte; en xeral, débense evitar aqueles que impliquen contactos físicos como, por exemplo, fútbol. Tampouco son convenientes os baños de inmersión ou a natación (salvo que porte un reservorio), aínda que sempre é necesaria a consulta co seu médico.

Signos que requiren atención urxente

Se é portador dun catéter venoso central acuda ao hospital máis próximo en caso de:

  • Temperatura maior de 38°.
  • Avermellamento, dor ou inflamación ao redor a toma de saída do catéter.
  • Dor torácica ou fatiga.